obufete.com |
Artigos |
|
|
|
|
|
|
|
|
O REXISTRO CIVIL E A SOLICITUDE DE CERTIFICADOS.Especial atención á certificación do nacemento.O Rexistro Civil é unha institución que ten por finalidade darlle publicidade aos feitos e actos que afectan ao estado civil das persoas, cooperar, en certos casos á constitución de tales actos e proporcionar títulos de lexitimación do estado civil. As súas principais funcións son, por tanto, as seguintes:
Tamén é habitual empregar a expresión Rexistro Civil para se referir ao conxunto de libros onde se fan constar os feitos que afectan ao estado civil das persoas e, tamén, á oficina pública organizada polo Estado para facer constar os referidos feitos. Os feitos no tocante ao estado civil das persoas que constitúen o seu obxecto son os seguintes:
O Rexistro Civil español foi creado no ano 1870 mediante a promulgación da Lei do Rexistro Civil e do seu correspondente Regulamento e foi consecuencia da proclamación na Constitución de 1869 do principio de liberdade de cultos. No ano 1957 acometeuse, mediante unha Lei de 8 de xuño de 1957, aínda vixente, unha importante reforma do Rexistro Civil que produciu a creación dos Rexistros Consulares. Hoxe en día existen fundamentalmente tres clases de rexistros civís:
Os Libros do Rexistro Civil divídense en catro seccións: I-nacementos, II-matrimonios, III-defuncións, IV-Tutelas. A inscripción de nacemento é a básica e en torno a ela mediante notas marxinais faise referencia aos asentos que se practican nas restantes seccións. As inscripcións gozan da presunción de exactitude e por isto supoñen títulos lexitimadores do estado civil. O Rexistro constitúe a proba dos feitos inscritos, é o lugar ao que acudir para probar calquera feito que afecte ao estado civil. O Rexistro é público para quen teñan interese en coñcer os seus asentos, o Regulamento do Rexistro presume que calquera persoa que solicite unha certificación ten ese interese. Esta publicidade é articulada de tres modos: A través da expedición de certificacións, que é o medio máis habitual, pola expedición de notas simples informativas, sen valor probatorio ou por último mediante a exhibición directa ao interesado dos libros. As certificacións son o medio habitual de publicidade dos asentos do Rexistro e constitúen o medio normal de proba do Estado Civil, en consecuencia e como se deduce do exposto son o medio normal para probar a nacionalidade das persoas ou calquera outra circunstancia que afecte ao seu estado civil. ¿Como se solicita unha certificación? A certificación pode solicitarse de forma verbal no propio rexistro que ha de expedilas ou ben na Oficina Rexistral de residencia do peticionario (tamén pode solicitarse nos Rexistros Consulares) que en este caso remitirá a solicitude ao rexistro que ten que expedilas. As buscas aínda non están centralizadas así que debemos coñecer cal é o Rexistro concreto que contén os datos que nos interesan. No caso máis frecuente, o da busca de partidas de nacemento, debemos coñecer o lugar concreto onde este se produciu. Tamén é importante saber, polo menos de forma aproximada, a data do nacemento. O Ministerio de Xustiza puxo en marcha un sistema de solicitude de certificados a través de internet www.mju.es, lamentablemente só son accesibles por este medio un número limitado de Rexistros, en Galicia ata o momento só o da Coruña ofrece este servizo. En ocasións, para averiguar a data concreta de nacemento, pode ser de utilidade acudir aos arquivos histórico-diocesanos que teñen un sistema de busca máis eficaz que o propio Rexistro Civil, estes arquivos conteñen moitas das inscripcións de bautismo anteriores a 1900, aínda que non todas, en moitos casos e sen criterio aparente, as parroquias conservan libros anteriores a esa data. Acudir a estas para localizar unha partida bautismal adoita ser unha tarefa ardua, a maioría non teñen oficinas abertas ao público e resulta complexo localizar o párroco que ten os libros ao seu cargo. Aínda así, ás veces, é imprescindible acudir aos arquivos parroquiais para acreditar feitos do estado civil, así ocorre cando os libros do Rexistro Civil de uns anos determinados desapareceron por culpa de incendios ou enchentes, nestes casos a certificación de bautismo xunto con unha certificación negativa do rexistro servirá para acreditar os feitos do estado civil. As certificacións do Rexistro Civil non necesitan ser legalizadas se se van facer valer ante calquera órgano estatal (por suposto, debemos incluir aquí as oficinas consulares), si requerirán a oportuna legalización mediante a apostilla da Haya se o que se pretende é que teñan eficacia ante organismos do estranxeiro. En obufete ofrecemos como servizo aos nosos clientes a localización e envío de certificacións rexistrais. O prezo de este servizo é de noventa euros. |
|
© Obufete.com é unha iniciativa de
Alejandro López González. Está permitida a reproducción
total e parcial dos seus contidos con mención expresa da fonte. |
|
Rúa
do Vilar, 58, 1º. 15.705, Santiago de Compostela, A Coruña,
(Spain) Tel. e Fax: 34 981 582 912 Móbil Alejandro: 34 636 006 502 |