Iniciamos a nosa andaina profesional en 1999 con vocación de servizo e cunha visión da avogacía como método para evitar conflitos, con vocación de servizo e responsabilidade social articulada a través do voluntariado corporativo.
Dende 2013, tras a entrada en vigor da Lei 5/2012 ofrecemos á nosa clientela a posibilidade de actuar como mediadores en toda clase de conflitos.
Obufete naceu en Santiago de Compostela en 1999, pero a nosa clientela, vencellada en boa parte a diáspora galega, chegou dende moi diversos lugares do mundo. En 2011 abrimos un novo despacho en Murcia, a ubicación estratéxica na península de ambos despachos permite que atendamos eficazmente encargos na meirande parte do territorio estatal.
A variada formación dos actuais integrantes do despacho nos permite aceptar os seus encargos en tódalas áreas do dereito, se ben destacan entre as especialidades do despacho o dereito administrativo, e as reclamacións de responsabilidade civil.